14 abr 2011

Un irman salvador

Un irman salvador e un infante que nace para proporcionar un transplante de medula osea a un irman que esta afectado por unha enfermidade mortal como o cancro,a anemia de Fanconi ou a anemia de Blackfan que poden ser mellor tratadas con un transplante de celulas nai hematopoyéticas.O irman salvador concivese mediante a fecundación in vitro, os cigotos fecundados realizanselle probas de compatibilidade xenetica para o analise dos antixenos leucocitarios humanos, e so seran implantados aqueles cigotos sans e compatibles co bebe enfermo. Pero o maior problema destes transplantes tan eficaces son as leis xa que en moitos países estan prohibidos e as consideracións éticas xa que moitas persoas afirman que o bebe e explotado, e isto faime facer unha reflexión,¿e xusto renunciar a algo que salva vidas por simples consideracións éticas? Fonte:wikipedia

3 comentarios:

  1. Eu creo que non é xusto e para nada penso que o bebé vaia sentir nun futuro que foi explotado.
    Nós nacemos sen un obxectivo en concreto, só sabemos que vivimos para morrer. En cambio, un irmán salvador nace para salvar a vida doutra persoa. Sí, segue sendo mortal coma todos, pero non todos podemos dicir que, grazas a nacer nós, alongóuselle a vida a outra persoa.
    Se eu nacese para salvar a outra persoa non me sentiría explotada, sentiríame moi feliz e orgullosa delo.
    Creo que o que non é ético é xogar a ser Deus coa vida das persoas como se non sentisen nada.

    ResponderEliminar
  2. Estou dacordo. Está claro que ese neno naceu con ese obxetivo, pero non o van matar nin nada polo estilo cando xa non faga falla. Vai ser un neno normal con unha familia normal, e será feliz. Naceu para salvar a vida de seu irmán e eu tamén me sentiria orgullosa de iso.
    Sigo a pensar que cada persoa, cada familia deberia ser libre de decirdir, e se a eles lles parece ben, adiante!

    ResponderEliminar
  3. É verdade que o neno non se tería que sentir explotado,nin como un obxecto,naceu igual que o seu irman,e pode salvarlle a vida sen ningún risco;isto parece non ter mais problema que certas oposicións éticas,pero creo que si se chegase a permitir acabaríase abusando del,xa que os humanos somos moi ambiciosos e sempre queremos mais,do que podemos ter,a pesares de que o que teñamos sexa suficente;por outro lado esa ambición tamén pode facer que se avance mais na medicina.

    ResponderEliminar

¿Estás seguro de que queres comentar?