1 may 2011

Gripe española ou Gripe estadounidense?


"gripe española" foi un virulento virus que provocou a morte de entre 20 e 50 millóns de persoas durante 1918. Os países máis afectados por esta epidemia foron os que participaron na I Guerra Mundial, sobre todo Francia e Gran Bretaña. 
Esta pandemia non debe o seu nome ao seu orixe (Estados Unidos), senón á censura informativa durante a I Guerra Mundial, xa que as únicas noticias eran as da prensa española, xa que os gobernos e a prensa dos países involucrados na Gran Guerra non informaron da epidemia porque temían desmoralizar á poboación.
Credes que lle puxeron ese nome para desprestixiar a España como unha vinganza por informar da evolución da gripe?

·Fontes:

1 comentario:

  1. Desde logo que si. España na 1º GM non se involucrou na guerra, era neutral; os españois informaron desta pandemia de gripe( cousa que non lle viña ven aos países que participaron na Gran Guerra) Claro está que os países involucrados na 1º GM( Triple Alianza e Triple Entente)chamáronlle así por vinganza, porque os habitantes destes países xa debían de estar preocupados dabondo pola batalla na que estaban metidos, pero despois diso, máis. Como para non estalo, morreron entre 100 e 200 millóns de persoas en todo o mundo.
    Myre 1ºD

    ResponderEliminar

¿Estás seguro de que queres comentar?