19 feb 2011

LUCA.


Cal é o antepasado común de todos os seres vivos?
Un grupo de científicos chegou a conclusión de que o antepasado común de todos os seres vivos pode que fose unha simple bacteria autónoma que non tiña máis de 572 xenes (os humanos temos arredor de 30.000 xenes) para saber isto fixeron unha especie de denominador común de 30 xenomas de distintas especies de bacterias. O antepasado coñécese polo nome de LUCA, non porque lle gustase a quen llo puxo, senón porque son siglas inglesas que significan: “Last Universal Common Ancestor”,o que en español quere dicir, o antepasado universal común máis antigo.
Agora pensemos, se unha simple bacteria de tan só 572 xenes, evolucionou tanto ate chegar a un complexo humano de 30.000 xenes, ata que punto poderemos evolucionar? Eu creo que e moi difícil poder responder a isto porque hai moitos factores que inflúen pero e que se esa bacteria puido evolucionar tanto, dentro de millóns de anos o ser humano podería evolucionar ate un punto no cal nin se asemellaría ó que somos actualmente. Non credes?

6 comentarios:

  1. Sí, a verdade e que isto é un pouco sorprendente,pero se o noso antepasado común foi Luca,se evolucionamos dese xeito,dentro de millóns de anos a saber como seremos...
    Myre 1ºD

    ResponderEliminar
  2. Lembrade que os comentarios teñen que ser argumentados.

    ResponderEliminar
  3. Para comprobar eso primeiro teriamos que ver os compoñentes de Luca e apartir d eahí,se se verificase a súa composición coa do resto dos seres vivos poderíamos empezar a investigala pero non antes porque poida que o que esteamos a facer sexa perder o tempo.
    Xulia Añón Caamaño 1ºbac A

    ResponderEliminar
  4. Xulia
    volve a ler o artigo. Pides que fagan o que xa fixeron

    ResponderEliminar
  5. Poida que co que xa evolucionamos, sigamos ata un punto onde non nos parezamos en nada, pero para iso , debería cambiar o noso hábitat ou a comida, para influir nas posibles evolución que poidamos sufrir, ou tamén por comodidades e propiedades que xa non esteamos a empregar, como se comenta que unha das posibles evolucións, será a falta do dedo miñique da man. Por ser poisble, é. Tan só haberá que esperar uns cuantos anos, e que se demostre.

    ResponderEliminar

¿Estás seguro de que queres comentar?