28 sept 2015

Empezamos curso e tamén novas materias con máis recomendacións lectoras.
A miña primeira lectura vai ser un referente na materia de Anatomía Aplicada, La historia del cuerpo humano.  Sabedes que os profesores de Bioloxía e Xeoloxía somos moi pesados coa perspectiva evolutiva, nada ten sentido si non se observa dende o prisma da evolución dicía Dobzanski, nesta particular historia do corpo humano podedes ver por que esa teima. Hai unha relación fundamental entre evolución e saúde, ou entre evolución e enfermidade e na obra de Lieberman temos unha magnífica introdución a este problema.
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario

¿Estás seguro de que queres comentar?