20 mar 2015

Eclipse Solar. 20 Marzo 2015


Mostrovos aquí arriba unha foto sacada hoxe dun eclipse solar. Explicarei a continuación cómo se saca unha foto deste tipo:

Tendo en conta que o sol é unha fonte de luz extremadamente potente, a exposición luminosa que imos a ter na imaxe vai ser grande. Para expoñer correctamente a foto debemos: utilizar un filtro oscurecedor (DM, cristal oscuro, gafas de sol...) enfrente do obxectivo da nosa cámara. Esta foto debe sacarse en modo manual ou M, existente nalgunhas cámaras compactas e en tódalas reflex dixitais.

O modo M permítenos axustar os valores da cámara, neste caso para esta foto empreguei unha velocidade de obturación 1/4000 seg. e unha apertura f/10. Ademáis usei o enfoque manual, e un trípode para evitar vibracións.

En resumo, é unha foto sinxela de sacar, sempre e cando dispoñamos unha cámara controlable manualmente, e non facelo en automático.

De todas formas, nesta zona tivemos mala sorte ao estar o ceo cuberto, e só poder sacar fotos de cando en vez.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

¿Estás seguro de que queres comentar?