A figura da meiga está moi arraigada na tradición popular da nosa terra. Chamámoslle meiga a aquela persoa con poderes extraordinarios ou máxicos que pode facer pactos co demo. Á diferencia das bruxas, as meigas tamén son coñecidas como curandeiras e videntes, ás cales adoita ir a xente para eliminar o mal de ollo. Estas ademais venden amuletos ou obxectos que protexen, curan ou dan sorte.
Pero... Está cientificamente demostrado que o mal de ollo exista? Ou que algún tipo de obxecto nos poida protexer? Hai persoas capaces de facernos dano tan só co poder da mente?
Fontes: http://www.foro.meigasgalicia.com/viewtopic.php?f=4&t=11119 , http://www.turismoenxebre.com/2009/03/meigas-habelas-hailas.html
Hace 5 horas
No hay comentarios:
Publicar un comentario
¿Estás seguro de que queres comentar?