19 jun 2013

Hablemos de Ciencia


 A través das palabras dun periodista este libro móstranos unha pequena recopilación do coñecemento do ser humano tanto no campo da física coma no campo da bioloxía. O ir pasando as suas páxinas atopámonos diversos temas que van dende o que coñecemos dos instantes seguintes ao big bang ata a evolución dos homínidos pasando polo estudio do universo e do seu futuro; das estrelas, da sua vida e de como se formaron os primeiros elementos nelas; dos principios do noso planeta; da materia e das diferentes forzas que nos rodean; e da vida e da evolución.
 En definitiva unha pequena enciclopedia do coñecido polo ser humano ata este momento e dos nosos próximos obxectivos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

¿Estás seguro de que queres comentar?