17 dic 2012

UNIVERSOS PARALELOS

                                                      
 
Que son os universos paralelos? É posible que exista outro “eu” ? É un tema moi dificil de comprender e no que prácticamente TODO está por descubrir. Pero ainda así moitos científicos, xa sexan matemáticos, físicos... aseguran que existen, xa que calquera outro tipo de universos como o lineal, presentan moitos erros nas nosas teorias. Para o modelo de universos paralelos, existen moitos universos independentes ao mesmo tempo, nos que as leis físicas son distintas en cada un e non en todos podería haber vida. Algúns científicos opinan que é imposible pasar de un a outro xa que son totalmente independentes, en cambio outros pensan que si se podería pasar de un a outro porque poden estar conectados de algunha forma como poderían ser os buratos negros ou os agujeros de gusano. Os modelos máis coñecidos de universos paralelos, son os universos burbulla e o multiverso. Será certo que vivimos nunha gran burbulla?, Poderemos chagar a visitar aos nosos veciños de outras burbullas algún dia?
              Se isto foi suficiente para despertar a vosa curiosidade, nesta páxina http://www.astromia.com/universo/modelosuniverso.htm , explícavos máis sobre o tema.

1 comentario:

¿Estás seguro de que queres comentar?