Con gran alegría véxome obrigada a propoñer outro libro para esta semana por un enorme éxito de público. Agora só falta que ademais de coller os libros da biblioteca sexades capaces de lelos.
Nesta ocasión un pouco de Física e moito de cotilleo. Nesta recopilación de artigos, publicada no blog
El Tamiz (moi recomendable para os que esteades interesados en Física) podedes seguir os principais acontecementos da vida dunha estrela dunha forma moi amena e comprensible. Como nacen? Como se orixina un burato negro?
E para facer aínda máis fácil o acceso a este libro podedes descargalo en pdf pinchando na imaxe.
Boa lectura
No hay comentarios:
Publicar un comentario
¿Estás seguro de que queres comentar?