Despois de moitas neuronas consumidas, a ciencia é capaz de dar resposta ao que xa era un paradoxo sen solución. A resposta? O ovo por partida doble.
Moito antes da aparición das galiñas, xa había especies que se reproducían a través de ovos, polo tanto o ovo é anterior á galiña. Proba disto, é un fósil de ovo conservado en China e atopado recentemente.
Outra das conclusións que se extraeu para confirmar que o ovo é anterior á galiña, é que a antecesora da galiña común, fecundou un óvulo con unha mutación que daría lugar á galiña común.
Como ves, esta pregunta levounos por un percorrido a través da historia da vida, e da evolución das especies. Cal é a túa resposta?
No texto falas de que existen fósiles que demostran que había especies anteriores ás galiñas que xa se reproducían por ovos, pero, son realmente suficientes as probas para afirmar que foi antes o ovo que a galiña?
ResponderEliminarNa miña opinión, penso que si. Ademais de saber con certeza que moitas especies xa se reproducían mediante ovos, tes que lembrarte de que hai unha segunda proba, que é a mutación nun ovo, que deu lugar á galiña común.
ResponderEliminarA todo isto, debo engadir, que na páxina onde busquei a información, expoñía tamén, que a "polémica" deste paradoxo podía ter unha solución fácil se engadimos a preposición "de", polo tanto, sería "de galiña", procedente de. No sentido unicamente lingüístico, poderíamos considerar, que o ovo xurdiu antes que a galiña.