19 may 2011

A pílula masculina


Esta pílula de uso masculino que impediría a creación de espermatozoides, actualmente atópase en fase de desenrolo. No norte de Inglaterra levaronse a cabo diversos estudos xa que a maioría da poboación era masculina pero non acudía regularmente ao médico. Pero a desconfianza aparece por parte das mulleres, xa que non estan seguras de se os seus homes tomaran a pílula todos os días. En España é de supoñer que a situación sería moi diferente xa que a poboación masculina leva un control regular da súa saúde, e probablemente este método sería moi eficaz para aquelas parellas nas que a muller non pode tomar a pílula como método do control da natalidade debido a unha patoloxía coexistente.
Na miña opinión, esta pílula non é de todo eficaz, pois sempre existe o temor (como teñen moitas mulleres en Inglaterra) de que as súas parellas non a tomen, asique, non sería máis eficaz buscar un método anticonceptivo, por exemplo, que se poidese aplicar cada certo tempo? é dicir, que durase longos períodos de tempo? e é mais, que fose aplicado por médicos, así habería certa seguridade de que foi empregado, non?
FONTE DE INFORMACIÓN: http://www.metroecuador.com.ec/3501-pronto-llegara-la-pildora-masculina.html

2 comentarios:

  1. A día de hoxe son moitos os anticonceptivos que se poden empregar para diferentes proteccións, tras ler a túa entrada e falar da píldora supoño que xa non nos estamos a fixar en que nos protexa de enfermidades de transmisión sexual, co cal, ti plantexabaste un anticonceptivo que se poidese aplicar cada certo tempo de longa duración e que fose revisado polo médico, o DIU, un implante ou unha inxección anticonceptiva. Todos estes son aplicados por un médico con un periodo de longa duración e con unha alta eficacia.

    ResponderEliminar
  2. Xa hai métodos anticonceptivos que se poden aplicar cada certo tempo por médicos e que son de longa duración, así como as vacinas anticonceptivas ou o dispositivo intrauterino. As vacinas anticonceptivas teñen inconvintes como o aumento de peso, a irregularidade na menstruación ou as dores de cabeza, pero duran longos períodos de tempo e son aplicadas por médicos.
    Aínda así, ningún método anticonceptivo é completamente fiable.

    ResponderEliminar

¿Estás seguro de que queres comentar?