20 mar 2011

A natureza é patentable?


Debemos ou, o que é máis, podemos patentar os produtos da natureza? Pois ben, para iso debemos ter claro que unha patente son aqueles dereitos concedidos polo Estado a un inventor ou cesionario, co fin de que divulgue o seu invento. Pero ben, qué podemos considerar un invento? Está considerado internacionalmente que non son inventos os seguintes: os principios teóricos ou científicos; os descubrimentos que consistan en dar a coñecer ou revelar algo que xa existía na natureza; os programas de computación; as creación artísticas ou literarias; os métodos de tratamento cirúrxico, terapéutico, etc.

Por tanto, atendendo a isto, o resto de casos que se atopen fora desta lista poden ser patentados. Se nos fixamos, anteriormente dixemos que os descubrimentos que consistan en dar a coñecer ou revelar algo que xa existía na natureza non eran considerados inventos. Polo tanto, non poden ser patentados.

Pero,e se atopamos unha planta que cure o cancro (por poñer un exemplo)? Poderíase facer algunha excepción?

No hay comentarios:

Publicar un comentario

¿Estás seguro de que queres comentar?