6 abr 2011

Progeria:nenos ancians


A sociedade actual está terriblemente preocupada por encontrar a formula da eterna xuventude. Si a vellez é algo que nos aterra a todos; como nos sentiriamos si envelleceremos a unha velocidade de 5 e 10 veces maior e se a nosa esperanza de vida fose de apenas 14 anos?
Pois desgraciadamente unha de cada oito millóns de persoas saben moi ben do que estamos a falar: A Progeria. Unha enfermidade xenética da infancia moi rara que se caracteriza por un rápido envellecemento. Prodúcese porque moleculamente presentan un defecto no mecanismo de reparación do ADN como consecuencia da rotura da hélice dobre.
Actualmente descoñécense as causas anque algúns estudos cren que podería ser causada por un xen mutante autosómico dominante que faría inestable ó núcleo das células do organismo acelerando a morte celular.

Se tivésemos o xenoma deberiamos empregalo para curala enfermidade?

2 comentarios:

  1. Actualmente, sabemos case con exactitude o por que do noso envellecemento.Hai varias teorías:
    Teorías de acumulación de danos:
    Afirman que se van acumulando danos ou substancias nocivas nas células, hasta que a célula non as pode reparar todas e morre.

    Teorías de alteración de xenes específicos.
    Defenden que hai xenes que controlan os mecanismos de envellecemento. Cando estos xenes deixan de funcionar, o organismo empeza a ter os cambios do envellecemento.

    Podemos influír na velocidade do envellecemento ( levando unha vida tranquila, facendo exercicio...) agora ben, si deberíamos utilizar para curar esa enfermidade, porque sabemos tamén a causa do envellecemento dos que teñen " a progeria", a velocidade de vértigo, pero non o sabemos parar; e por esta enfermidade case non disfrutas a vida.

    Myre 1ºD

    ResponderEliminar
  2. Eu tamén penso que sí deberíamos empregar o xenoma se o tivésemos para curar a enfermidade. Nacer sabendo que tes unha esperanza de vida de trece ou catorce anos (vinte como moito), que tes unha enfermidade que só padece unha persoa de cada oito millóns e que envelleces máis rápido que os teus propios pais son factores que amargan a "infancia" a calquera persoa con proxeria (ou a calquera outra que o pense). Sería xusto que, se atopásemos unha solución para isto, intentásemos curalos e lograr que envellezan a unha velocidade normal, dándolles tempo a disfrutar verdadeiramente da vida.

    ResponderEliminar

¿Estás seguro de que queres comentar?