15 nov 2010

Videntes que xogan a detectives



As artes dos videntes, adiviños ou tarots nunca foron vistos con bos ollos por todos, pois dende un principio foron relacionados con timos ou estafas, ademais de haber quen lles ten certo respeto e pénsano dúas veces antes de falar sobre a orixinalidade ou até que punto son verdade estos temas.
Porén, dende hai algúns anos, a policía criminal apóiase no poder dos videntes cando non teñen pistas firmes, coa intención de que estes aporten novas probas que axuden a resolver os casos.
Sabendo que os investigadores só deberían ter en conta os métodos científicos,non resulta irónico confiar a vida dalgunhas persoas nalgo no que non estamos seguros de crer?

http://www.foropolicia.es/foros/viewtopic.php?f=1&t=36448

8 comentarios:

  1. Penso que cando estamos a falar de temas serios non se lles debería dar importancia aos videntes.Para min,ningunha das cousas que din son certas e se dá a casualidade de que algunha si o é,pois producto dunha simple casualidade.O único que fan e coller información que se lles dá e deducir cousas através dela.
    Penso que a policía non debería fiarse deles porque,se se fian dun vidente porque non o fan dun cidadá calquera?
    Xulia Añón Caamaño 1ªA

    ResponderEliminar
  2. Este artigo esta mostrando unha actitude que se basa completamente en pseudociencia. Digo esto porque sabemos de primeira man que os videntes teñen un campo de actuación que se atopa fora da realidade. Tamen podemos ver que ,no artigo, as suas conclusións baséanse en crenzas ou reglas propias. Analicemos esto último: un vidente, cal é o seu campo de apoio no cal atopa respostas aos problemas que se lle expoñen? Temos claro que non existe a carreira de vidente,a cal podes estudar e dedicarte a iso(ao non ter que estudar algo que xa estea demostrado non se considera ciencia). Entón, unha vez descartado isto, quedanos claro que os videntes son xente que teñen algunha capacidade especial para averiguar calquera tipo de cousa, polo cal non se basea en ciencia. Tras este comentario sobre os videntes, penso que non está ben que unha autoridade como é a policía criminal se centre en videntes para resolver os interrogantes que lle quedan sen resposta na análise dos crimes.

    ResponderEliminar
  3. Moi completo o comentario de María. Esta é a idea, ciencia ou pseudociencia? pero argumentando

    ResponderEliminar
  4. Os videntes claramente forman parte da pseudociencia.Temos probas de que o que fan para adiviñar soen ser xogos de palabras, ou simplemente din o que ven como por exemplo: Chego a xunta unha vidente e o primeiro que fago e darlle tímidamente os cartos, como se me doese desfacerme deles. Ela recolleos e empeza a amosarme as cartas. O primeiro que di é tes problemas económicos non é? Eu digolle home si, pero eu viña a que me falara do amor e ela escúsase decindo que hoxe os planetas non nos permiten sabelo.
    Eso claramente non pode ser ciencia xa que o seu campo de actuación esta fora da realidade e baséanse en regras propias.
    Yolanda Cotelo, 1B

    ResponderEliminar
  5. Dacordo con elas, pseudociencia. Creo que o seu campo de actuación esta fóra da realidade, é dicir, eu non me creo reais esas historias que nos contan, pois creo que carecen de credibilidade. Os videntes acertan con algo que se lles plantexa porque será cousa do destino ou algo,utilizan as súas regras propias pero de verdade, os videntes, na miña opinión, son uns farsantes. Non podo entender como o corpo de policía pode confiar nesas cousas, non ten xeito. Por último , outro rasgo de pseudociencia, é que os videntes non poden verificar o que din, porque é imposible, poden errar porque son persoas normais; coma min, como nos.

    Myrella 1 BACH D

    ResponderEliminar
  6. A parte de que está claro que é pseudociencia simplemente polo motivo de que está fóra da realidade, ó meu parecer, a policía criminal máis que case calquer persoa non debería fiarse desta xente, xa que son persoas con estudos e saben que esto é imposible de comprobar experimentalmente, non son máis que estúpidas supersticións que pode que a veces por casualidade acerten pero seguramente na maioría dos casos provoquen que alguén vaia ó cárcere sen ter culpa ningunha.

    Pablo Rodríguez 1ºB

    ResponderEliminar
  7. Realmente non podemos saber se son estúpidas ou non, porque ahí e donde están os límites da ciencia, non poderíamos saber se iso que nos din os videntes é certo ou non o é, xa que sae fóra da realidade, o que si é unha estupidez é que a policía criminal lles faga caso sen ser unha fonte fiable, porque se lles fai caso a eles, por qué non a min?

    Pablo 1ºB

    ResponderEliminar

¿Estás seguro de que queres comentar?