6 oct 2010

De cinceiros e abduccións

11 comentarios:

  1. pero seguro que tiran cousas aínda que non sexa cinza

    ResponderEliminar
  2. Eu creo que este astrofísico ten unha actitude completamente científica.Primeiro, parte duns coñecementos insuficientes. No vídeo, De Grasse menciona un exemplo:
    Un home ve unha luceciña no ceo e afirma que é un OVNI(é un fenómeno, e a ciencia estúdaos).Pero, observemos o significado da palabra OVNI.Trátase dun obxecto volador non identificado.Como NON é identificado, ahí teríase que acabar a conversación.
    É crítico.Para demostrar que viches un OVNI non chega só con dicir que o viches..( e iso pódeo dicir un policía ou calquera outra persoa,as súas opinións valen por igual)pois necesitas argumentos.Non é dogmático, porque non tes por que creer o que che din.
    Este astrofísico tamén contrasta as súas hipóteses e el non nega que uns seres doutra galaxia nos visitaran algunha vez.
    Dacordo con Neil De Grasse, creo que vivimos incomodísimos dentro da ignorancia.Necesitamos do saber.
    Pd:a parte más graciosa do vídeo,sen duda,acontece cando se imaxina que o raptan os extraterrestres e lles colle o cinceiro da nave.¡Interesante para analizar!
    Myrella.

    ResponderEliminar
  3. Eu creo que ten unha actitude completamente científica:
    -Pretende explicar fenómenos con hípoteses contrastables(o caso do policía que vía que Venus se movía, él explica que era porque iba no coche e como se movía o coche ó policía dáballe a sensación de que era Venus quen se movía).
    -As súas conclusións baséanse en en feitos e experiencias (cando fai referencia o xogo de contar unha historia de unnha persoa a outra, que cando chega o final a historia é completamente diferente)
    -En todo momento somete as súas propostas a contrastación e di que as súas conclusión son provisionais podendo ser modificadas nun futuro(cando pide que se alguén é secuestrado colla un cinceiro da nave e que llo leve a él para analizalo, aparte en nungún momento duda que poidésemos ser visitados, senon que as evidencias que hai ata agora non satisfacen os estándares de evidencia que calquer científico necesita para poder traballar con ela en un laboratorio)
    -En todo momento usa unha linguxe precisa e clara que pode entender todo o mundo e incluso bormea con algunhas cousas.
    Clara.

    ResponderEliminar
  4. Neil DeGrasse ten unha actitude completamente científica (polo menos neste caso), e expoño as razóns:

    •Dende logo, emprega unha linguaxe precisa e inequívoca. Todo o que di e perfectamente comprendible, con certo sarcasmo que axuda a seguir o fio da explicación, e incluso relacionando o que di con exemplos e representacións (como a "fiel" reproducción de como sería o seu secuestro por alieníxenas).
    •Pretende explicar fenómenos. Un claro exemplo: O policía que viu o suposto "OVNI" dende o seu coche, un fenómeno que foi investigado ata chegar a hipótese de que o que estaba a ver era Venus. Por tanto foi investigado ata poder ser explicado.
    •As suas conclusións baséanse en feitos e experiencias, explicando tamén o "argumento de ignorancia" que expón que tendemos a completar certa información cando a descoñecemos completamente. A que, co paso do tempo se vai modificando ata dar como resultado outra totalmente diferente (e expón o exemplo do xogo do rapaz de 2º, o cal é unha experiencia).
    Tamén di, que os reportes de ovnis e menor na comunidade de astrónomos amateur, que pasan moito tempo mirando ao ceo (polo tanto terían máis probabilidades que o resto), porque eles saben o que están a ver. Por tanto tamén se pode culpar á ignorancia da xente, a unha ansia de respostas a algo que se descoñece que tende a ser explicada con argumentos de "ciencia-ficción" (como o seu claro exemplo do principio: Un home [claro científico en potencia] ve unha luz no ceo, e dí: "deben ser visitantes do espacio visitando dende outro planeta", unha conclusión que sería sacada da nada).
    •Considera que as suas conclusións son provisionais e poden ser modificadas nun futuro. Deixa a solución aberta, é dicir, coas evidencias que temos actualmente? Non, non existen, pero en calquera momento podería chegar unha prova que demostrase o contrario. Cito textualmente: "A evidencia ata agora non satisfai os estándares de evidencia." DeGrasse reta ao oínte que preguntou a que o dia que el sexa secuestrado, lle mostre as evidencias, xa que serán (ou serían no caso de que ocurrise) tomadas en conta para someter as propostas de ata agora á contrastación.
    Nuria 1ºA

    ResponderEliminar
  5. eu creo que este home no video pretende explicarse cientificamente porque fala de una cousa (os obnis) que non se pode demostrar que existan xa que non hai probas, considera que esto non é definitivo xa que se alguen demostra que existen con probas pode ser verdade a sua existencia e ademais non pretende que a xente o considera mais listo por falar do modo mais científico posible xa que o fai con palabras completamente comprensibles.
    césar 1D

    ResponderEliminar
  6. Eu creo que ten unha actitude cientifica:

    --Xa que en todo momento di que ai que contrastar a informacion recollida sobre os ovnis.

    --El dixo dunha maneira burlona que con unha foto non bastaba xa que no photoshop xa aparecia un apartado que poñia "ovnis".

    --Tamen dixo que solo se poderia demostrar que existen os extraterrestres collendo algun material extraterrestre para que este fora estudiado en un laboratorio e se confirmase que ese material non existe na terra.

    --Falanos con unha linguaxe que calquera persona poderia entender. Tamen fala dunha maneira muy bromista sobre este asunto para que a compresion do que di sea mais sencilla.

    --A miña opinion personal e que este home ten razon en preacticamente todo o que di. Como no de que ai que ter unha proba material para demostrar que existen os extraterrestres. (ademais este tipo e un autentico fenomeno)

    ResponderEliminar
  7. Para a miña opinión, este video amosa un tema desde o punto de vista científico, pero que en realidade é pseudociencia. Digo que é pseudociencia porque non hai ningunha xustificación científica que demostre que existen eses elementos polo cal nos tomamos os OVNIS, porque un obxecto voador non identificado pode habelo, pero non extraterrestres. A súa linguaxe non é precisa porque non ten conclusións basadas en feitos verificables, ao contrario emprega un vocabulario vulgar e pon exemplos dos máis cotidiáns para comparar, contando con chistes e un neno para ver o lado máis simpático do tema. Neil non afirma que non poidan existir, pero para que chegue a ser ciencia, pide que algún día se tomen mostras claras e inequívocas polas cales poidamos verificar os seus planteamentos.
    Eu penso que Neil fainos ver de unha forma graciosa o lado científico de algo pseudocientífico.
    Claudia

    ResponderEliminar
  8. Penso que é un discurso totalmente científico por diferentes motivos:
    - O primeiro deles, e o que mais datos aporta para verificar isto, é que DeGrasse propón hipótesis contrastables, porque di que el está aberto á posibilidade de que realmente si existan extraterrestres, pero que mentras non se lle demostré (e non sirve una proba calquera do estilo: “vin una cousa brillante que non era un avión circulando polo ceo”), seguirá sen creer que existen os extraterrestres.
    - A segunda delas é que pretende interpretar a realidade, é dicir, pretende que aquelas persoas que pensen que realmente existen os extraterrestes entren un pouco en razón e pensen as alternativas que hay a que o que acaban de ver NON fora un extraterrestre, son moito maiores ás de que si que fora un estratrerrestre.
    - A terceira é que as súas conclusión baséanse en feitos, observacións e experiencias(como por exemplo, cando pon en práctica o xogo de que una historia cando pasa por varias persoas distintas chega totalmente cambiada)
    - A cuarta, o que DeGrasse dí é totalmente crítico, porque dalle a risa ao pensar nos medios nos que se basan determinadas persoas para pensar que realmente existen os extraterrestres.
    - Por último, emprega una linguaxe totalmente precisa e inequívoca, xa que todo o mundo pode comprender á perfección o significado de todas as súas palabras.

    ResponderEliminar
  9. Penso que é un discurso pseudocientífico porque para expresar as suas ideas e responder as preguntas do público dalle demasiadas voltas o asunto. A demais disto fala dunha cousa que son os ovnis, que como ven di o home, algo que non se pode identificar polo que ninguen ten probas disto.
    Pablo 1D (anonimo)

    ResponderEliminar
  10. Para Pablo
    Coidado coas conclusión o día do exame. Unha persoa pode falar de OVNIS dende unha perspectiva científica. Tes que pensar na mensaxe do texto que é claramente científica

    ResponderEliminar

¿Estás seguro de que queres comentar?