Hace 15 horas
26 oct 2010
Amianto ou Asbesto
O amianto, ou asbesto, é un grupo de minerais metamórficos fibrosos. Estes minerais teñen fibras largas e resistentes que se poden separar. Cando o asbesto é inhalado ou cando un material que o contén é perturbado, libera partículas ou fibras ó aire. Dependendo da concentración, do tempo ó que esteas exposto e do tamaño das fibras inhaladas, corres un gran risco de contraer unha enfermidade asociada con este mineral: Mesoteliomas, Cáncer de pulmón e Asbestosis ou Fibrosis pulmonar. En 1978 o Parlamento Europeo declarou ó amianto como substancia canceríxena. O uso, a produción e a comercialización do amianto están prohibidos dende o ano 2002, pero isto non afecta ós materiais que estaban instalados anteriormente
Penso que ditos materiais deberían ser retirados, eliminando por completo o amianto, xa que é un material moi perigoso para as persoas. A eliminación dos materiais instalados anteriormente implica o gasto de moitos cartos, pero deste xeito acabaríase con el e non correríamos ningún risco, porque agora é como unha bomba de reloxería, é dicir, atópase aí e podemos enfermar en calquera momento.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Penso o mesmo, dende que sabemos que algo e tan perxudicial deberiamos retiralo de inmediato, (¿poñemos tanto por diante os cartos ante a saude da humanidade?).
ResponderEliminarAinda que fora util, coas investigacions adecuadas, seguro que se atoparia un bo sustituto das mesmas caracteristicas.
Estou dacordo coas miñas compañeiras,penso que se é realmente perigoso as autoridades do goberno deberían suprimir todas as cousas que levasen ese material por outras que non o levasen,aínda que eso supuxese un custo de diñeiro importante,creoque se gasta máis diñeiro noutras cousas menos importantes.
ResponderEliminarXulia Añón Caamaño 1ºA