Hace 20 horas
30 sept 2014
29 sept 2014
Propiedade do sol.

Unha muller
viguesa (Ángeles Durán) é a nova
propietaria do sol (estrela, que se atopa no centro do sistema solar, aproximadamente a uns
149.600.000 km da Terra).
Esta obtivo un documento legal, onde redacta o convenio
internacional que prohíbe os países ser donos dos planetas e estrelas, pero
este acordo non vincula as persoas, polo que ela é a nova dona do sol, dado que
ninguna outra persoa o tivo baixo o seu poder antes.
Ángeles Durán
quere cobrar por utilizar a enerxia solar, pero o rexistro español non ten competencias
sobre o sistema solar, ou sexa que polo de agora a enerxía solar seguirá sendo
gratis.
- Por que Ángeles Duran obtivo un documento oficial que afirma que é a nova propietaria do sol, se en realidade non pagou nada por el? Se agora queremos ser nos os novos propietarios da estrela, teriamos que pagarlle unha cantidade de diñeiro a Ángeles Duran?
Por que creemos en cosas raras
Nunca vos preguntáchedes o por que das vosas crenzas? Ou por que vos convencen de algo no que non credes? En Por que creemos en cosas raras" atoparás casos de xente que cre cousas sen sentido. Se queres saber máis sobre temas que rondan a túa cabeza e non lles atopas sentido, este é o teu libro. (Por Romina. Xuño 2013)
Etiquetas:
Un libro cada día
23 sept 2014
El yeti y otros bichos ¡vaya timo!
A lectura de hoxe pertence a unha magnífica colección da editorial Laetoli. Existe o Yeti? E o monstro do Lago Ness? O ano pasado Sergio non foi capaz de aceptar as probas que achega o libro, queres probar ti?
Etiquetas:
pseudociencia,
Un libro cada día
22 sept 2014
La ridícula idea de no volver a verte
Aínda que se supone que só lemos divulgación científica non podo deixar pasar este marabilloso libro de Rosa Montero. Mención especial merecen os diarios de Marie Curie que se inclúen na publicación. Vai a biblioteca e mergúllate nesta conmovedora lectura.
Etiquetas:
Un libro cada día
17 sept 2014
Instrucións para publicar entradas no blog
Xa podedes publicar entradas no blog.
Para os despistados estades ante o blog dos alumnos de Ciencias para o Mundo Contemporáneo do IES de Ponteceso. Neste espazo publicaremos noticias relacionadas cos temas de clase, buscaremos polémicas relacionadas coa materia ou falaremos de lecturas de divulgación científica. Nesta primeira avaliación, na que aínda estamos familiarizándonos co uso do blog intentaremos prestar máxima atención nas entradas aos seguintes aspectos:
Para os despistados estades ante o blog dos alumnos de Ciencias para o Mundo Contemporáneo do IES de Ponteceso. Neste espazo publicaremos noticias relacionadas cos temas de clase, buscaremos polémicas relacionadas coa materia ou falaremos de lecturas de divulgación científica. Nesta primeira avaliación, na que aínda estamos familiarizándonos co uso do blog intentaremos prestar máxima atención nas entradas aos seguintes aspectos:
- Temas: en cada avaliación os temas a publicar deben estar relacionados cos contidos estudados nela. Nesta primeira avaliación os temas son: Ciencia e pseudociencia, O Universo, Xeoloxía.
- Ortografía.
- Rigor científico dos contidos. Sempre será interesante contrastar as nosas fontes.
- Fontes. Non esquezamos nunca citar a procedencia de imáxenes ou información publicada nas entradas.
- Etiquetas
Suscribirse a:
Entradas (Atom)


