7 dic 2013

O hexágono misterioso de Saturno.


Situado no polo norte da atmosfera de Saturno, atópase un xigantesco hexágono, unha das estruturas máis misteriosas do Sistema Solar. Este hexágono é unha corrente de aire con uns ventos de ata 320Km por hora de 30.000Km de ancho. No seu centro collen catro Terras. Responde a un patrón regular de círculos concéntricos, espirais e figuras serpenteantes. É coñecido desde fai tres décadas. Pero… É posible cos medios actuais atopar unha explicación científica para este misterio?

Fontes http://www.abc.es/ciencia/20131205/abci-misterioso-hexagono-saturno-visto-201312051055.html

Quedaremos sin telecomunicacións?




O campo magnético creado pola Terra está invertindo os seu polos sur e norte. Este fenómeno que soe repetirse cada 200 mil anos, podería causarnos un grande caos, xa que o campo magnético influiría en moita tecnoloxía que usamos. Ademáis, podería afectar a nosa saude, xa que unha das súas  misións e protexernos do vento radiactivo. Debido a importancia que tería este fenómeno para o noso día a día estase a realizar unha misión para estudar os cambios que se están a experimentar. Poderemos quedar nuns anos sin telecumunicacións?



Cerebro diferente segundo o sexo.


Un grupo de científicos estadounidenses descubriron que o cerebro de homes e mulleres ten unha estructura diferente. O seu estudo demostra que os homes teñen unha maior conectividade entre a parte anterior e posterior do cerebro e entre as distintas emisións de cada hemisferio, o que favorece a súa capacidade de percepción e coordinación. Pola contra, as mulleres presentan maior actividade entre os dous hemisferios, o que potencia a capacidade analítica e intuitiva.
Será este estudo científico?

Vida pasada en Marte.


A NASA afirma que un cráter de Marte, coñecido coma o cráter Gale, contiña un lago que durou durante miles de anos. Crese que este lago tiña as condicións necesarias para que puideran desenrolarse uns microbios que se encontran na Terra, aparte doutros microorganismos.
Será certo que houbo vida en Marte? E, de ser así, A vida terrestre puido descender da de Marte?
Fonte: http://spanish.peopledaily.com.cn/92121/8476814.html

6 dic 2013

Novos datos sobre o bosón de Higgs


Dende o achado do bosón de Higgs no 2012 só se contemplaba a súa desintegración nos bosóns (partículas simples e indivisibles que compoñen a materia), pero físicos que traballan no experimento ATLAS no LHC documentaron que esta desintegración tamén se pode producir en fermións (outro subgrupo de partículas). O experimento ten un alto nivel de certeza polo que os científicos esperan obter grazas a este máis información sobre o bosón e sobre outras partículas subatómicas.
Se seguimos procurando datos do bosón de Higgs confirmaremos o actual paradigma ou pola contra demostraremos que as nosas teorías son erróneas?
Fonte: http://www.muyinteresante.es/ciencia/articulo/descubren-que-el-boson-de-higgs-se-desintegra-tambien-en-fermiones-491385989692

5 dic 2013

                           
                             
             MÁIS POSIBILIDADES DE VIDA EXTRATERRESTRE
         
                                     

                           
                       Os científicos descubriron que unha anana branca (GD 61) tragou un asteroide rico en auga. Estas ananas son antigos cementerios estelares xa que cando unha estrela chega ao seu fin engule pezas dos planetas que as orbitan. A menudo quedan restos destes planetas que non foron atraídos, asteroides, eston chocan con planetas e suminístranlle auga líquida. Devido a que a anana branca queda estable moitos anos os materiais restantes poden orbitar de maneira estable e neles poderíase encontrar auga ou unha demostración de vida.
                       ¿Ata canta información poderíannos proporcionar estes maravillosos cementerios estelares acerca do Universo?
                      http://news.sciencemag.org/chemistry/2013/10/stellar-graveyard-shows-signs-possible-past-life

             

Atopada auga en cinco exoplanetas


O telescopio Hubble descubriu a existencia de auga na atmósfera de cinco planetas masivos e que están ata mil anos luz de distancia de nós. Aínda que os cinco planetas WASP- 17b, HD 209458 b, WASP- 12b, WASP- 19b e XO-1b- están cubertos por unha capa de néboa ou polvo, os científicos puideron sacar un sinol moi claro de auga.
Supón este descubrimento un piar importante na búsqueda de vida no Universo?
Fonte: http://www.abc.es/ciencia/20131204/abci-hubble-halla-agua-atmosfera-201312041252.html