Hace 12 horas
5 dic 2013
O mundo fóra da miña ventana
Dado que viaxar ao espazo non está ao alcance de todos, David Peterson achéganos un expectacular traballo ("The world outside my window"), realizado ca técnica Time-lapse (fotografías en movemento), que nos permite ver a Terra tal e como a ven os astronautas.
Fonte: http://www.abc.es/ciencia/20131204/abci-impresionante-video-tierra-desde-201312041325.html
4 dic 2013
Meteoritos
Atópase o meteorito marciano máis antigo achado ata a época , que dataria de fai uns 1700 millóns de anos. A rocha , de apenas 6 cm de diámetro , viaxaría polo espazo durante este tempo ata finalmente impactar co oso planeta o ano pasado, no deserto do Shara.
Procede da codia prigmea do planeta, formada aproximadamente fai uns 4000 millóns de anos. A maior parte destas rochas non chegan a descubrirse debido a que caen no océano.
Esta rocha danos información sobre a formación da codia marciana.
Atoparemos algún dia os restos oseos dun marciano? Crees que será como nos?
http://www.muyinteresante.es/ciencia/articulo/hallan-el-meteorito-mas-antiguo-procedente-de-marte-731385033625
3 dic 2013
2 dic 2013
Non vai máis
O próximo domingo 8 de decembro ás doce da mañá dáse por rematado o prazo de presentación de entradas para a presente avaliación. Volveremos a final do mes de decembro cos novos temas.
1 dic 2013
30 nov 2013
Pirámides construidas por extraterrestres.
As pirámides exipcias son grandes monumentos que sempre nos chamaron a atención; xa sexa polo seu tamaño ou pola súa extraña forma. Pero, como se construíron? Unha das teorías da súa construcción di que os exipcios foron quen as construiron, pero axudados por extraterrestres. As lendas exipcias falan de cando os "deuses do ceo" viñeron contactar coa Terra. É esta teoría científica ou pseudocientífica? E, se iso fose así, por que viñeron á Terra construir eses peculiares monumentos?
Fonte: http://www.elintransigente.com/notas/2013/1/2/las-piramides-construidas-por-tecnologia-extraterrestre-mira-video-163885.asp
Fonte: http://www.elintransigente.com/notas/2013/1/2/las-piramides-construidas-por-tecnologia-extraterrestre-mira-video-163885.asp
28 nov 2013
Nova erupción no Etna
O 23 de novembro o volcán Etna (Sicilia) volveu ser noticia ao producirse nel unha violenta erupción que comezou esa mañá con intensas explosións. A actividade foi breve, porén tivo gran intensidade e por mor dos fortes ventos produciuse a caída de cinzas e pedras ata a costa. A actividade na rexión italiana mantense normal pero as autoridades manteñen as alertas na cima do volcán e no pé da montaña.
Producirá o Etna máis catástrofes ao longo da historia?
Fonte: http://www.lagranepoca.com/30140-volcan-etna-sufre-impactante-breve-erupcion-su-nuevo-crater
Suscribirse a:
Entradas (Atom)




