28 nov 2013

A homeopatía cólase no Parlamento



A deputada Teresa Jordà solicitou a regulación da homeopatía como terapia oficial alegando que é igualmente eficaz e máis barata; eforzou a súa petición aportando que según estudos os remedios naturais tiñan eficacia demostrada e que en diversos países esta técnica xa está regulada. Non lle faltou nomear en diversas ocasións como o Rei e diversos cargos públicos empregan este tipo de terapias.En resposta, a ministra de sanidade dixo que xa se estaba estudando a posible regulación da homeopatía e remedios naturais pero que para que se realice esta debe ser un consenso entre todos e os métodos teñen que garantizar a seguridade do cidadán.
Estás de acordo con que se leve a cabo esta regularización ou directamente pensas que o que fixo a deputada foi contar un mal chiste?
Fonte: http://www.youtube.com/watch?v=JaQ3KYhfFuc

Cometa ISON






Un novo cometa, de nome ISON (International Scientific Optical Network) pasará moi cerca do Sol, e debido á incríble forza solar, mesmo podería chegar a desfacerse. Esta chegada agárdase para finais de ano e moitos afirman que podería  brillar máis que a Lúa. A chegada deste cometa xa desatou todo tipo de teorías apocalípticas. Cres que desta vez será certo que o mundo se achega ó seu fin?

Aura.


A aura é un campo electromagnético que rodea a cada ser, inservible para a maioría dos humanos. Está composta por numerosas liñas de forza, emite e recibe ondas e a substancia que a compón é a mesma que a da luz. O seu volume e a súa cor poden variar. Crese que está dividida en sete estratos, relacionados cos chakras, e que cada un destes estratos pode ter unha das once cores da aura. 
Sabendo que calquera ser vivo emite un campo electromagnético e que cada cor da aura se pode caracterizar por un tipo de personalidade.. podemos dicir que se trata dun fenómeno científico, pseudocientífico ou só é unha crenza falsa?
VIDA NUN LAGO DE HIDROCARBUROS

Científicos encontran vida microbiana no Lago Pitch situado na isla caribeña de Trinidad e Tobago, este lago esta composto de nocivos hidrocarburos e unha porcentaxe de auga moi pequena. Os microbios encontrados son organismos unicelulares pero que se desenvolven nun ambiente libre de osíxeno e con escasa auga.
Pero pode este descubrimento abrir novas portas como a vida nos mares de hidrocarburos de Titán?

FONTES:http://www.cienciakanija.com/2010/04/16/se-encuentra-vida-microbiana-en-un-lago-de-hidrocarburos/



AUGA NO METEORITO DE CHELIÁBINSK?

Un grupo de expertos en xeoloxía encontra óxido no meteorito caído en Rusia. Este indica que dentro deste corpo houbo algunha vez auga o que explica a corrosión. Estas mostras foron encontradas días despois da caída polo tanto non tivo a ocasión de formarse na Terra.
Pode que isto aporte novas expectativas e esperanzas sobre a existencia de vida extraterrestre?

FONTES:: http://portuguese.ruvr.ru/news/2013_11_27/Cientistas-detectam-agua-em-meteorito-de-Chelyabinsk-5284/
 Científicos encuentran agua en el meteorito de Cheliábinsk



O cometa Ison vs o Sol

O próximo 28 de novembro ás 19:25, o cometa Ison realizará o seu máximo acercamento ao Sol. Se é capaz de sobrevivir á calor, á gravidade e á radiación será visivle a partir da primeira semana de decemro e permitirá obter información sobre o seu material máis primitivo e menos modificicado. Ademais, se sobrevive, o 26 de decembro poderémolo observar nun bonito espectáculo cando pase á mínima distancia da Terra. Estoupará este cometa cando se aproxime ao Sol?
Se queredes ver o cometa poderédelo facer durante estes días sobre unha media hora antes do mencer, mirando cara o leste; a simple vista se vos atopades en lugares moi escuros e sen Lúa ou senón por medio duns prismáticos, dun telescopio ou fotografiándoo.

Fonte: http://www.abc.es/ciencia/20131125/abci-cometa-ison-juega-este-201311251313.html
http://www.abc.es/ciencia/20131119/abci-localizar-cielo-cometa-ison-201311191417.html

26 nov 2013

Unha nova illa?



A erupción volcánica que ten lugar na illa de El Hierro podería ter un total de 4 fases e podería orixinar unha pequena illa, segundo apuntan científicos do Instituto Xeográfico Nacional (IXN) e do CSIC.
A 1ª fase, consiste na expulsión de burbullas de lava con gas
Na 2ª, vese unha columna de vapor de cor branco
Na 3ª fase ,observaranse unhas explosións de cor negra .
Finalmente, poderase ver o crecemento dunha pequena illa da que fluirá unha fonte de lava.
O resultado destas dependerá da cantidade de magma  expulsado polo volcán, pero de formarse unha nova illa, que nome suxerirías?