26 nov 2013

Tremenda explosión de raios gamma


O pasado abril, o satélite Swift puido detectar unha monstruosa explosión de raios gamma nunha galaxia relativamente próxima; a luz da explosión tardou 3750 millóns de anos en chegar ata nós. Inusualmente, o resplandor deste estalido durou varios meses o que permitiu o análise da composición espectral que nos descubriu que a explosión estaba asociada a unha estrela xigante moi compacta.
Achegaranos este estalido información crucial sobre o Universo?

Fonte: http://www.abc.es/ciencia/20131121/abci-estallido-rayos-gamma-201311211754.html

25 nov 2013

Volcán atopado na Antártida





Unha investigación realizada pola Universidade de Washington en St. Louis, sinala o achado dun volcán a 1 km de profundidade baixo o xeo da Antártida. Os científicos afirman que este achado se produciu de xeito accidental, mentres analizaban a capa de xeo para intentar reconstruír a historia climática do lugar. Tamén alertan da posibilidade de que, a liberación de calor  na súa erupción, podería acelerar a perda de xeo e aumentar o nivel do mar. Contribuirá a erupción deste ao desxeo? E, de facelo, que consecuencias tería para nós, que habitamos na costa?



Nace unha páxina de divulgación en galego

Botádelle un ollo.
Entre outros temas fala da erupción da illa de El Hierro

Invertimento magnético do Sol.








A nosa estrela está a punto de invertir o seu campo magnético. Trátase dun fenómeno que ocorre cada 11 anos (aproximadamente) no que as manchas solares desintégranse e o campo magnético desprázade dende o ecuador ata un dos polos. En consecuencia a este desprazamento, o actual campo magnético queda erosionado pero colócase na polaridade oposta. Predín que nos aparellos electrónicos se poderían dar fallos, pero poderíalle afectar dalgún modo ás persoas ou aos animais este invertimento magético?

Gemínidas





As gemínidas son choivas de estrelas fugaces a velocidade moderada producidas polos restos do cometa "200 faetón” que caen desde cerca da constelación de Géminis e atravesan a órbita da Terra todos os anos entre o 7 e o 17 de Decembro.

Fontes:http://www.abc.es/ciencia/20121213/abci-geminidas-caen-docenas-esta-201212131400.html






24 nov 2013

Meteoritos

Algúns xa viven coma si unha rocha lles caera no cerebro pero que saibamos nunca un meteorito matou a ninguén.
Que os meteoritos? Que información obtemos deles?
E por si fora pouco o libro é curto.
Probádeo

21 nov 2013

Afastamento entre a Terra e a Lúa






A Lúa procede dunha  colisión entre a Terra e un obxecto do tamaño de Marte. Este impacto xerou  escombros que quedaron en órbita ao redor da Terra e a fusión destes, deu lugar á Lúa. A  gravidade lunar, produce as mareas dos nosos océanos, xa que a veloz rotación da Terra intenta arrastrar á Lúa. Debido a isto, a Lúa  está a afastarse  de nós uns 4 cm anuais e a rotación da Terra  faise máis lenta. Agora mesmo, a Lúa atópase a uns 385.000 km do noso planeta. De seguir así, esta afastarase máis e ralentizará a rotación da Terra. Vista a influencia que a Lúa exerce sobre a Terra, Sería posible a existencia da Terra sen a Lúa?