18 nov 2013

Cadela Laika


Laika foi unha cadela espacial soviética que se convertiu no primeiro ser vivo terrestre en orbitar a Terra. As 7 horas do lanzamento por estrés e sobrequentamento morreu, ademáis de esta hai mais animais lanzados o espacio como Felix o gato ou Able o mono, todos estes igual que laika faleceron. É necesario enviar animais o espazo sabendo que pode que non sobrevivan?

17 nov 2013

YELLOWSTONE, UN SUPER VOLCÁN



O parque nacional de Yellowstone é unha maravilla xeolóxica situada no vértice noroeste de Wyoming en EEUU. A súa paisaxe repleta de piscinas termais e géiseres son un claro indicador da temperatura baixo a superficie. Se o gran volcán situado baixo Yellowstone entrara en erupción produciría unha grande explosión debido a súa superficie e ao seu volume de magma que, posiblemente acabaría coa face dos Estados Unidos e provocaría un inverno volcánico en resultado das extremas cantidades de cinza e gases enviados a atmosfera acabando así coa vida na Terra.
Pero, pódense predicir estas super erupcións a tempo ou pola contra estamos destinados a ser as víctimas destes desastres naturais?

FONTES:http://espanol.earthsky.org/la-tierra/el-supervolcan-yellowstone-va-a-explosionar
http://es.wikipedia.org/wiki/Invierno_volc%C3%A1nico

Po de estrelas

Cambiamos de formato, neste caso recoméndovos un libro en formato dixital (PDF que como sabedes podedes convertir en Epub). Po de estrelas é unha magnífica mostra de que se pode falar de ciencia en galego, proba e verás.

14 nov 2013

O MITO DA AREA 51

A Área 51 é unha base militar situada nun lugar clasificado. As actividades levadas a cabo nesta base son estrictamente secretas. Arredor desta base xira moita polémica xa que existen un bo número de teorías conspiratorias que falan de que ai ou poido haber metidos nela seres extraterrestres, e que posteriormente escaparon dela. Incluso se chegou a decir que se mantiñan reunións con seres de outros planetas para crear armas ou poder viaxar no tempo. Pode ser que a maioría destas teorías sexan simples falacias ou non, pero o que case se pode asegurar con certeza é que será difícil sabelo, pois os segredos de estado de USA están gardados con tanto mimo que son case tan misteriosos como os temas que a Área 51 garda no seu interior. Algún dia saberemos se son verdade ou simples invencións?


11 nov 2013

100 mitos da ciencia


http://as.com/ocio/2012/05/21/salud/1337551201_850215.html

Nacen máis nenos en Lúa chea? Usamos un 10% do cerebro? Vale, algúns futbolistas pode que si pero e a media da poboación? Tiña razón Bart ao preguntarse en que dirección viaxaba a auga nos sumidoiros de Australia? Neste libro atopas as respostas a 100 preguntas deste tipo pero seguro que se nos ocurren moitas máis despois de lelo.

9 nov 2013

É certo que o cabelo crece coa Lúa?



Unha extendida crenza popular afirma que segundo a fase da Lúa o cabelo crece máis rápido ou non. Probas científicas din que este mito é mentira, xa que o noso satélite non repercute no crecemento de cabelo, cultivos ou outro tipo de cuestión como moita xente afirma. A pesar disto, ainda hoxe existen páxinas onde afirman que se cortas o teu cabelo en cuarto crecente, este crecerá máis rápido e se pola contra queres que non creza tanto, debelo cortar en cuarto menguante. Ti que opinas, cortarías o pelo en cuarto menguante ou só cando teñas ganas de facer un cambio de look?

7 nov 2013

Un posible xemelgo da Terra


O Kepler-22b, descuberto en decembro do 2011, está situado a 600 anos luz de nós e é, ata o de agora, o planeta máis semellante á Terra. Por ser máis pequeno que Neptuno,atoparse nunha zona cunha temperatura que permite ter auga e orbitar ao redor dunha estrela moi similar ao Sol é moi posible que esteamos a falar dun planeta que pode ser habitable. Quedan por coñecer os resultados da súa composición, masa, densidade,etc que o confirmen pero podemos afirmar que é un descubrimento clave da búsqueda no universo.  
Con todo, estamos realmente a falar dun planeta habitable? E se é así, puido ou pode haber vida nel?