Hace 20 horas
1 oct 2012
Por qué creemos en cosas raras
Suponse que a xente lista non se deixa enganar, é iso certo? Como pode ser entón que moita xente lista defenda ideas raras, por ser bos e non definilas máis duramente. E vós, deixádesvos enganar?
Etiquetas:
ciencia e sociedade,
Un libro cada día
23 sept 2012
La ciencia como calamidad
Empezamos a sección Un libro cada día cunha recomendación válida para todo o curso xa que responde a moitas das preguntas habituais: por que estudar CCMC? Que diferencia a Ciencia doutros campos do coñecemento? A quen beneficia o analfabetismo científico?
Como aperitivo, un fragmento do final do capítulo 6: "Neste capítulo vimos un segundo compoñente do analfabetismo científico, o activo, que está baseado nas cousas que chega a facer o que sabe para que o analfabeto científico non aprenda, non progrese, quede eternamente como esclavo, cliente, dependente."
Etiquetas:
ciencia e sociedade,
libros,
Un libro cada día
18 sept 2012
Instrucións para publicar entradas
Comezamos novo curso e facémolo co blog a pleno rendemento xa na
segunda semana. Para os despistados estades ante o blog dos alumnos de
Ciencias para o Mundo Contemporáneo do IES Ponteceso. Neste espazo
publicaremos noticias relacionadas cos temas de clase, buscaremos
polémicas relacionadas coa materia ou falaremos de lecturas de
divulgación científica. Nesta primeira avaliación, na que aínda estamos
familiarizándonos co uso do blog intentaremos prestar máxima atención
nas entradas aos seguintes aspectos:
- Temas: en cada avaliación os temas a publicar deben estar relacionados cos contidos estudados nela. Nesta primeira avaliación os temas son: Ciencia e pseudociencia, O Universo, Xeoloxía.
- Ortografía.
- Rigor científico dos contidos. Sempre será interesante contrastar as nosas fontes.
- Fontes. Non esquezamos nunca citar a procedencia de imáxenes ou información publicada nas entradas.
- Etiquetas
24 jun 2012
100 mitos de la ciencia
“100 mitos de la ciencia” é
un libro que lle recomendo a todo tipo de persoas, persoas curiosas, observadoras, orixinais,… a todas as persoas
lle interesara, xa que incorpora información das que nos creemos verdades
certificas e que a única verdade é que non son máis que mitos, que co paso do
tempo a xente foi adquirindo como un coñecemento seguro e fiable. Foise
transmitindo de xeracións en xeracións ata que ninguén se parou a pensar, se realmente coa lúa chea nacen máis nenos, se o
estado anímico pode curar o cáncer, ou
mesmo se o cabelo e as uñas seguen
medrando despois de morrer. Está claro que a nosa falta de coñecementos nos fai
máis propensos a crer que moitos deses mitos son verdade, pero certo é que ao
acabar de ler cada unha das explicacións dos mitos dixen: non puido ser que
estivera enganada tanto tempo, é o mais curioso e que non son a única persoa.
Por iso é un libro adaptado a todo tipo de persoas aparte de moi doado de
comprender, ordenados os mitos segundo o tema o que pertenzan. Tamén é de dicir
que os mitos que mais chaman a atención ao meu parecer son os que teñen
relación coa vida cotidiá das persoas (En nadal
aumentan o numero de suicidios, os arrefriados cáusaos o frío, o cáncer
de mama solo afecta as mulleres…) que por exemplo os mitos sobre o espazo ou
sobre os científicos ( os científicos son xente estraña, no zodíaco hai doce
signos, os científicos son persoas obxetivas…) xa que poden estar mais
interesantes para as persoas que estuden
ciencias e teñan relación con elas. Pero en conclusión, este libro non
defraudara a ninguén, e ata a persoa máis “pasota” e bohemia do mundo
encontrara unha ración de coñecementos que lle pareceran interesantes e
atractivos.
Un planeta de gordos y hambrientos
Este libro é un gran exemplar que non deixa a ninguén indiferente. No libro trátanse cuestións como: Por qué tendo comida para todos, só se abastecen os paises desemvolvidos?, ou que factores ocultos interveñen na obesidade?
A súa lectura e moi comprensible, e eu, como lectora, recomendoo para todos aqueles que se queira informar da desigualdade que conleva ó sector alimenticio e as mentiras que o mercado nos fai crer.
22 jun 2012
Hablemos de ciencia
HABLEMOS DE CIENCIA
Dende o meu punto de vista, todos os libros son recomendados para ler xa que ler é moi bo, pero este libro en especial e o que máis recomendaría. Este libro ten algo especial, é que explica moitas cousas que as persoas non sabemos sobre o universo, sobre o que podemos observar, feitos que ocorren dende a súa orixe, o que vai a suceder nun futuro… Tamén explica feitos incribles como explosións estelares (novas e supernovas), a orixe dos buratos negros, os planetas do sistema solar e os extrasolares... é dicir, todo sobre a ciencia.
En definitiva é un libro moi interesante tanto para ampliar
cultura, como para profundizarse científicamente. Nós somos seres humanos e
formamos parte da vida e do universo por iso debemos coñecer onde, porque e
dende cando vivimos. Ademais coñecer todo o que nos rodea é moi importante xa
que sabendo iso podemos saber moitas cousas máis, como o que vai ocorrer, de
que descendemos, si o mundo se vai acabar, se o noso universo está en
crecemento ou vai volver a producirse o memos proceso (big crunch)…
Conclusión, é necesario saber de ciencia, e para iso, este
libro explicanos o necesario, polo que recomendó que todos o leades.
19 jun 2012
Outro curso rematado

Como todos os anos a fin de curso sorpréndenos aínda empezando a aprender. Non vós preocupedes, en setembro volvemos con máis diversión: libros, noticias,debates,...
Para min novamente é un pracer despedirme de todos pero especialmente do grupo do fondo, ese 1ºC no que, como case todos os anos, tanto calor e debates vivimos este curso.
Boas vacacións.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
