18 ene 2014

Por que o cerebro humano é mais grande que o dos outros animais?




Os humanos posuímos un cerebro máis grande do normal, isto é unha ventaxa. Este ocupa aproximadamente o 2% do peso corporal e emprega máis da quinta parte da enerxía do corpo. Existen varias posibles respostas con respecto á pregunta ¿Por que o ser humano posúe un cerebro máis grande? Estas son: o crecemento deste axudoulles aos nosos antepasados a mellorar técnicas, os cambios do entorno motivaron esta evolución necesaria para a comprensión do mundo e tamén que isto os axudou a desenvolverse mellor no grupo. Cal destas posibilidades cres que é realmente científica?

Fontes:

http://www.medciencia.com/cerebro-humano-por-que-es-mas-grande-que-el-de-otros-animales/

http://www.tendencias21.net/El-cerebro-humano-se-desarrollo-gracias-a-la-competitividad-social_a3413.html

16 ene 2014

Sabías que as bebidas gaseosas axudan a envellecer prematuramente?


Un estudo publicado  en Dailymail.co.uk asegura que as bebidas gaseosas poden facerte vello antes do previsto.
Os cientificos alertan do risco, e é que o problema en sí son os fosfatos que abundan nas bebidas gaseosas  que é un ingrediente para avivar o seu sabor e picor .É sutilmente nocivo pois introdúcese no noso organismo e  vaino deteriorando máis rapidamente.
Este experimento foi probado en ratas polo que cren que ten o mismo efecto nos seres humanos.
Estamos frente a un perigo para a nosa saúde?

Por qué os chinos non poden tomar leite?

Estudos xenéticos demostraron que isto débese a herencia, é dicir que os seus antepasados non tomaban leite debido a que en China non tiñan tradición de pastoreo.
A verdade é que tan solo fai 400 xeracións, creamos un novo xen chamado lactasa que nos fixo ser tolerantes á lactosa e así foi pasando á descendencia, grazas a que os nosos antepasados tiñan a costume de consumir leite na infancia polos seus nutrientes.

Este dato relevaranos que o consumo constante de certos alimentos poden cambiar o noso ADN? Podemos cambiar a evolución humana?


Fonte:http://www.ciencia-explicada.com/2010/01/por-que-los-chinos-no-pueden-beber.html

O posible antepasado dos carnívoros


Certos investigadores están estudando os fósiles do Dormaalcyon latouri, un pequeno e áxil mamífero carnívoro. Este estudo publicado na revista Journal of Vertebrate Paleontology considera que estes restos poden axudar a investigar a orixe dos animais carnívoros actuais. Estes animais viviron fai máis de 55 millóns de anos, crése que en Europa e alimentábanse doutros pequenos mamíferos e insectos. Pese a ser xa coñecido, novos descubrimentos permitiron caracterizalo mellor e situalo na base dos Carnivoramorphans e por tanto estreitamente relacionado cos ancestros dos actuais carnívoros.
Pode chegar este animal a ser considerado o primeiro carnívoro?
Fonte: http://www.elmundo.es/ciencia/2014/01/07/52caf7a1ca4741fe7b8b456d.html

Aletas traseiras como orixe das patas

Un estudo de fósiles de Tiktaalik roseae, que será publicado próximamente en Proceedings of the National Academy of Sciences, revelou que a evolución das patas traseiras pode ser debida a un aumento das aletas traseiras e non a un desenvolvemento das patas tras a transición dos vertebrados á terra. Os investigadores permitiron numerosos movementos ata o de agora non posibles nas especies acuáticas primitivas. A día de hoxe somos testigos destes grazas aos peixes pulmonados africanos.
Poderán ser estes peixes primitivos os primeiros que emerxeron á superficie?
Fonte: http://www.universocanario.com/ciencia-tecnologia/mundo-verde/evolucion-de-las-patas-traseras/evolucion-animal/tiktaalik-roseae/325014

Normalización da homeopatía



O Ministerio de Sanidade dispónse a regular os medicamentos homeopáticos para ofrecer aos consumidores o acceso a estes medicamentos de forma segura. Para isto as compañías e laboratorios que elaboran estas menciñas deben presentar unha relación destas ante a AEMPS para que poidan ser sometidos a un control de seguridade, calidade e eficacia. Estímase que poden ser regulados uns 14.000 medicamentos que a día de hoxe non foron oficialmente rexistrados pola nosa sanidade.
Trátase isto dunha introducción da pseudociencia na nosa sanidade?
Fonte: http://www.publico.es/actualidad/486580/sanidad-regulara-los-medicamentos-homeopaticos-para-garantizar-su-calidad-y-eficacia

15 ene 2014

O ser humano no futuro.


Basándonos nas condicións da vida moderna os seres humanos sufriremos unas transformacións , por exemplo : os nosos cerebros poden ser cada vez máis pequenos pola causa do ordenador , xa que substitúe moitas das tarefas do cerebro. A altura media será de 1 metro oitenta a 2 metros dez polas melloras nutritivas e os avances médicos. Obteremos un intestino máis curto. Os homes disminuirán na súa fertilidade e terán os testículos máis pequenos .Tanto homes e mulleres terán os brazos e dedos máis longos , ollos máis grandes e bocas máis pequenas.
Nestas afirmacións podemos encontrar fundamentos científicos ?

Fonte: 
http://marcianosmx.com/la-evolucion-del-cuerpo-humano-en-mil-anos/